Planner&Proceltha conta desde 2007 cun gabinete de comunicación especializado que centra a súa liña de actuación en lograr o maior impacto informativo posible de todos os eventos organizados pola empresa.
O traballo comeza meses antes da feira, enviando información detallada a toda España e Portugal dos movementos previos. Así conseguimos estar presentes nos medios moito antes da celebración do evento, o que repercute notablemente no éxito do mesmo.
A base do noso traballo é ofrecer información especializada de cada unha das nosas feiras, analizando o sector que as protagoniza e confeccionando bases de datos ad hoc para cada un deles. Deste xeito conseguimos chegar aos receptores idóneos para cada evento.
Durante a feira, o gabinete traballa no recinto feiral ofrecendo información de primeira man de modo constante. Isto garante a nosa presenza en medios de toda España.
Planner&Proceltha | T (0034) 986 487 928 | F (0034) 986 488 874 | Nicaragua 5, bajo | 36201 Vigo (Pontevedra) España | Aviso Legal